Carmen Moar, premio Ursula Meléndez: «Foron 65 anos traballando e xa era hora de xubilarme»

Betanzos recoñece o seu oficio nun establecemento histórico na vila

Carmen, en su última jornada en la Panadería Moar, que cerró en Nochebuena
Carmen, en su última jornada en la Panadería Moar, que cerró en Nochebuena

betanzos / la voz

O Premio Úrsula Meléndez de Texeda, co que o Concello de Betanzos distingue a traxectoria dunha muller, recae este ano en María del Carmen Moar (Betanzos, 1949). Cunha traxectoria ligada ao forno máis antigo da vila, Panadería Moar, onde traballou ata Noiteboa agora aínda se está afacendo a nova casa a onde se trasladou cos seus fillos José e Luis e a unha vida máis descansada. Na proposta do galardón destácase que «65 dos seus 71 anos pasounos traballando e dirixindo o que máis lle gusta facer, elaborar pan, á vez que formou unha familia integrándoa dentro do negocio sen perder o liderazgo polo que se refiren a ela, de modo cariñoso, como a matriarca. Algo que di moito de ela como muller xa que soubo manter o sabor a pobo nun mundo onde a tecnoloxía facía estragos co tradicional».

-Que tal leva a xubilación?

-Cústame afacerme, estou ben, na miña casa, mais boto en falta a panadería, os veciños, a xente... A min érame moita hora de xubilarme, vou para os 72 anos e doíame as costas e as pernas, e ademais eu sempre preparei a cebola a man, non tiña máquina, e era moito traballo.

-Canto tempo estivo en Panadería Moar?

-Cando eu nacín meu pai xa traballara alí, despois marchou a outra panadería en Caraña e cando eu tiña cinco ou seis anos volvémonos. Foron 65 anos traballando alí. Máis agora xa non era coma antes, antes era outra cousa, xa non se traballaba como se facía daquela cando o meu pai, o meu irmán e o meu marido ían as feiras do redor. Daquela vendíase moito máis.

-E agora onde compra o pan?

-Luis, o meu fillo, comezou a traballar na panadería Guísamo, chamárono cando pechamos e foi para alí e trae o pan todos os días. Para nós medio quilo de pan xa nos chega. Eu sempre fun moito de pan, aínda que boto de menos o que facía eu, o de Guísamo está rico e ben feito, pero o forno de leña e a pedra dalle outra sustancia ao pan, outra codia.

-E agora a que dedica o tempo?

-Estou na casa, vou as compras, a andar, vexo os netos... Xa me di unha cuñada que en canto se poida imos ir por aí, xa me están buscando festas. Eu sempre fun moi bailarina e de pasalo ben.

-Contenta co premio?

-Si, a verdade, pero non contaba con iso, chamáronme para comunicalo, e si que estou contenta. Son circunstancias que suceden así na vida.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Carmen Moar, premio Ursula Meléndez: «Foron 65 anos traballando e xa era hora de xubilarme»