Cristina Collazo: «Haberá humor, música e interacción»

i. u. p. / p. v. LALÍN / LA VOZ

DEZA

MIGUEL SOUTO

O seu primeiro recordo das festas é de cando foi co seu avó e recorda ver bandas de música na carballeira

19 ago 2017 . Actualizado a las 09:52 h.

Cristina Collazo é un espírito camaleónico. Estuda Dirección na Escola Superior de Arte Dramático e é actriz é fundadora da compañía A Cova das Letras. Collazo sente amor polas táboas dos teatros, pola idea de muller rural e por A Bandeira. Este ano é a pregoeira da Festa da Empanada e quere apunta que irá con un traxe «de inspiración africana» de un deseñador gambiano.

-¿Cál é a súa empanada favorita?

-Unha que fai miña avoa de verduras.

-¿Por qué a elixiron como pregoeira?

-Como traballo aquí, considerarían que era una das axeitadas, alguén do pobo.

-¿Quén a propuxo?

-Foi a propia comisión.

-¿Por qué é tan dinámica A Bandeira?

-Eu creo que temos unhas inquedanzas e temos un fervello no cu que nos fai estar activos. É sentir paixón pola cultura.

-¿Lembra a cántas festas da empanada ten asistido?

-Solo faltei una vez a festa. O resto, fun a todas, 31 anos.

-¿E a primeira vez que foi?

-Era moi pequena, de 6 ou 7 anos. Recordo ver bandas de música na carballeira. Levoume meu avó.

-¿Está nerviosa de cara ó pregón?

-Sí, para min é unha responsabilidade moi grande. Teño ganas de que pase e de que non. É emoción e tristeza todo xunto.

-¿Qué é o que máis lle atrae da festa?

-Estar coa xente que non vexo desde hai tempo, a música e a empanada. Sobre todo a xente.

-¿Pódenos avanzar algo do pregón?

-Vai a haber música, vai a haber moito humor e moita participación del público. Como me gusta a min. Así que, que se vaia preparando la xente.

«A Bandeira é o meu fogar e a xente é marabillosa. Para min é case todo. O mellor é a xente»

A Bandeira ten un encanto especial máis alá das palabras, pero para Cristina Collazo é seu casa, seu fogar, seu vida. Ri con unha alegría contaxiosa cando fala da súa patria chica, pois para ela, namorada del lugar, é todo o seu mundo.

-¿Qué representa para vostede A Bandeira?

-É o meu fogar. É onde regresei fai 4 anos. No sei, solo podo dicir cousas boas. A xente é marabillosa. Eu estou moi cómoda aquí e o meu traballo está aquí. Entón, para min é case todo. Pero sobre todo é a xente.

- ¿Cál é o seu rincón favorito de A Bandeira?

-Unha carballeira que hai o lado da casa de miña aboa. Debe de ser por recordos da infancia.

Eu sempre ía aí de pequena. É un sitio moi bonito.

-¿Haberá este ano festival de teatro?

- Festival Rural de Teatro vouno facer o 30 de setembro, porque estiven moi liada este ano.