O Corpiño prepara su gran romería do día 24

amelia ferreiroa

DEZA

MIGUEL SOUTO

18 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O santuario de O Corpiño acollerá o próximo 24 de xuño, como todos os anos, a Romería da Virxe na que volverán a darse cita miles de devotos chegados dende toda a comarca e de Galicia enteira. Unha gran xornada de devoción, na que os fieis buscarán curación aos seus males, podendo asistir a misas dende as 9 da mañán, ás 11 será a de enfermos e ao mediodía a solemne, que cantará o Coro Nuestra Señora de O Corpiño. Haberá petalada ás 13 horas antes da procesión coa imaxe, para seguidamente dar paso ás actuacións da Banda de Vilatuxe e da Asociación Cultural Carballo da Manteiga. Os actos litúrxicos pola tarde serán ás 17 e 18 horas.

Antes de celebrar a romaría, e dende o pasado día 15 ás 12 da mañán e ás 6 da tarde, estase levando a cabo a novena que culminará o propio 24; en que se conmemorará o primeiro aniversario da Coroación Pontificia e de reapetura da antiga cofraría. A novena de hoxe estará dedicada ao canto, mañán a Cáritas e aos máis necesitados polo que se fará unha colecta de alimentos non perecedoiros. O mércores bendiranse as ferramentas de traballo e aos parados, o xoves estará dedicado á oración e o venres aos defuntos. As persoas maiores e os peregrinos serán centro da novena os días 22 e 23 respectivamente. Por outra banda o templo acollerá tamén a solemnidade de Corpus o vindeiro domingo con misas tamén desde as 9 da mañán e solemene ás 12, que cantará o coro do santuario lalinense.