A quinta edición do premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta abre as súas prazas ata o 9 de outubro

La Voz LALÍN/ LA VOZ

DEZA

PROPIAS

08 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O premio literario Xosé Neira Vilas de novela curta está próximo a celebrar a súa quinta edición. Este certame, creado en 2015, busca estimular a creación literaria e fomentar a lectura en lingua galega, ademais de achegar obras de calidade a todo tipo de público.

Así, a Fundación Xosé Neira Vilas, apoiada polo Concello de Vila de Cruces, convoca esta nova edición, elixindo o 9 de outubro como data límite para a presentación dos orixinais. Cunha extensión de entre 50 e 150 páxinas, estes deberán ser entregados na sede da Fundación en Gres, en tripla copia e de xeito anónimo. As bases completas do concurso poden consultarse na súa páxina web: http://neiravilas.gal/index.php/gl/

O gañador recibirá 1.000 euros, ademais da publicación da súa obra a cargo de Edicións Embora, que tamén lanzou ao mercado ás anteriores gañadoras. Respecto ao galardón, este será entregado o 3 de novembro, día que coincide co aniversario do nacemento do escritor de Memorias dun neno labrego.