Un recordo ao noso amigo e veciño Xosé Vázquez Pintor

Alfonso García Cumplido, Toto

DEZA

01 jul 2022 . Actualizado a las 16:38 h.

espois destes tempos de pandemia, este ano por fin podemos recuperar gran parte da normalidade nas nosas vidas, e por iso no podía faltar en Agolada, a festas patronais do San Pedro.

Moitas cousas nos veñen a cabeza nestas datas, recordos para os que nos están e gañas de saudar a familiares, amigos e veciños, os partidos entre solteiros e casados, ou do equipo de fútbol de Agolada, as lanchas, os tiros e os coches eléctricos, as orquestras e as bandas, os pasarrúas e concertos, as risas e as cantigas, a ledicia e moitas veces, como non, a auga e o frío. Pero tamén, a busca nas paxinas da Voz de Galicia, das palabras do noso veciño e amigo Xosé Vázquez Pintor, para moitos “ Piti”, escritor, poeta, pensador e sobre todo namorado da súa terra, aínda que con outras facetas menos coñecidas como a de malabarista do balón, dando toques infinitos diante da Casa Adriana, mentres os nenos abraiados contábamos un, dous, tres…. e así ata que “Piti” canso decidía parar.

Dicíame unha vez Pintor, Totiño: “ti mais eu non podemos pasar moito tempo sen vir beber ás fontes de Agolada”, con elemento definitorio da nosa vida marcada por este pobo e estas terras que ambos os dous levamos e levaremos sempre no noso corazón.

Hoxe amigo, “Piti”, nestas festas do San Pedro 2022, quero dedicarche estas verbas, con todo o agarimo, dende a humildade de alguén que se recoñece a anos luz da túa prosa e poesía, pero no convencido de que ti de seguro nos houberas querido dedicar a todos os que estes días veñen a gozar á vila de Agolada das súas festas patronais. Unha aperta e felices festas.