Vagalumes lembra a Virxinia Pereira

La Voz

A ESTRADA

16 dic 2019 . Actualizado a las 21:53 h.

A Asociación Cultural Vagalumes lembra o próximo día 23 a Virxina Pereira no 50 cabodano do seu pasamento. Ás 17.30 horas haberá un homenaxe diante da súa tumba no cemiterio da Estrada e ás 20.30 horas, no Mome, haberá unha intervención escénica baseada nunha entrevista a Virxinia rescatada dun xornal. A profesora da UVigo, Ana Acuña, analizará a súa correspondencia e Xoán Carlos Garrido falará da súa relación coa Estrada.