CFoi no ano catorce, hai sete anos, o vintecinco deste mes, cando a nosa memoria activouse cos recordos de Don Olimpio. Entre moitas outras propostas e realidades na súa referencia, e desde a asociación cultural Vagalumes, propuxéronse as Xornadas de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas. A resposta dos Centros de Ensino do Concello foi exemplar e chea de entusiasmo. A quinta edición está adiada para o vintedous, pois o bicho segue a facer das súas e hai que agardar polos tempos mellores.
Falar de Don Olimpio, do merecer de telo en presente de continuo, é facelo desde unha visión total e moi especial fusionada, non simplificada, na súa labor como mestre. E velaí que así diremos que el na súa tarefa educativa valorou negativamente aquel currículum (se así se lle podía chamar) intervido (e mesmo colonizado) ausente de contidos comprensivos propios de identidade e así entendeu que debía aportar e poñer un gran positivo abondoso de saberes de nós (e de cerca) para definir a educación básica e funcional dunha (nova) escola galega. Desenvolver o proxecto dunha educación de creación propia a comprensión do noso para actitudes e conductas positivas que obrasen pobo. Velaí foi por onde se orientaron as súas intencións educativas e por suposto os seus esforzos cheos de xenerosidade vocacional. Velaí tamén a súa intervención para dinamizar propostas referidas ao medio natural, ao patrimonio, á cultura e lingua, á historia, costumes e tradicións. Tratou de situalo todo no xornalismo, como escritor, como investigador e motivador de información e como non no traballo museístico. Non olvidemos tampouco as súas intervencións cualitativas nos entroidos, nos costumes, na arte e literatura popular, nas biografías e sobre todo no ser un precursor na modernidade do Teatro Escolar. Temos en nós un apañador de moito e decidido conservador ( de conservar e defender ) entregado. Co seu exemplo ( facendo) no andar do proceso educativo, xunto con outras aportacións e ensinantes, motivou e mediou para que outra cousa fose e non a que prima ao máis forte .Velo aí el un mestre educador amante da Estrada. Un el nacente no Baño de Cuntis. A sete anos na nosa memoria.