A Estrada fai da poesía unha festa

La Voz

A ESTRADA

Miguel souto

02 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O teatro Principal da Estrada foi escenario a noite pasada da entrega do premio Avelina Valladares ao poeta noiés Manuel López Rodríguez, que acadou o galardón por segundo ano consecutivo. A entrega fíxose no transcurso da Festa da Poesía, con recitacións de alumnos dos centros educativos locais. O gañador reivindicou a forma por encima da temática na poesía e explicou que o poemario gañador é unha homenaxe aos libros-xogo do estilo «escolle a túa aventura». foto miguel souto