O colexio de Codeseda creará un «patio vivo» de 7.000 metros cadrados

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

31 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O CEIP Cabada Vázquez de Codeseda iniciará mañá unha intervención para converter o seu patio de 7.000 metros cadrados nun «patio vivo» que aspira a converterse en referencia comarcal. Este sábado, a partir das 11.00 horas, toda a comunidade educativa participará nunha plantación de árbores autóctonas. O proxecto —financiado polo centro e a Anpa coa colaboración do Concello— está sendo desenvolvido pola cooperativa Miudiño. Inclúe un areeiro, unha horta, un bosque comestible ou un percorrido lúdico con alusións ao curro de Sabucedo, o Castro das Cercas e outros elementos patrimoniais.