16 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
A Praza do Concello da Estrada acolle desde este luns a exposición A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía. A mostra, que se poderá visitar aos pés do consistorio ata o día 30 desde mes, está organizada pola Fundación Rosalía de Castro e comisariada por Pepe Barro. A exposición fai un repaso pola historia da Casa-Museo de Rosalía, que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971 grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. Organízase en seis capítulos nos que se tocan aspectos como os motivos da elección da casa ou a vida alí de Rosalía de 1882 a 1885..