Contos solidarios de Agalir para os cativos de Carabelo

Amelia Ferreiroa

AGOLADA

miguel souto

17 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

La mariposa Maritxuly, un novo conto infantil saído da pluma de Agurtzane Estrada e publicado por Agalir Ediciones Solidarias, xa está dende onte a disposición dos rapaces de Carabelo. Ángel Utrera, fiel colaborador de Agalir, foi o encargado de facer entrega de varios exemplares deste conto no que el tamén xogou un papel participativo. «É un conto que se pode mercar en euskera, castelán, catalán e galego e eu fixen a súa tradución precisamente a nosa lingua ao igual que fixera co anterior conto do Chícharo curioso». Con fermosas ilustracións de José María Díaz Castán esta obra insiste sobre a verdadeira beleza que cada un se leva dentro. Un libro que forma parte da colección que entra no proxecto da asociación «Ningún niño sin su cuento» que está pensado para levar a ilusión aos cativos máis desfavorecidos. Así cada persoa que merque un exemplar está facendo un acto solidario ao xerar outro de regalo que vai a nenos hospitalizados, en casas de acollida ou en escolas coma a de Carabelo. Algúns exemplares irán tamén para os nenos de Agolada.