Todos xuntos somos máis fortes que ninguén

María Carmen Seijas, presidenta del PP de Agolada

AGOLADA

19 may 2022 . Actualizado a las 13:51 h.

Hai veces ao longo da vida nas cales as mostras de afecto e agarimo que recibes son tan grandes que te das conta ao instante de que non vas a poder agradecelas suficientemente nunca. Xa cando ese agasallo en forma de apupos veñen da túa veciñanza, o agradecemento que sentes tornase co paso das horas en responsabilidade, e sobre todo nunha débeda que solo podes tentar pagar en forma de traballo e mais traballo.

Isto foi o que me pasou a min, e creo falar tamén no nome de todos os meus compañeiros, o pasado sábado no Auditorio Manuel Costa Casares durante a celebración do IV Congreso do Partido Popular de Agolada. Alí, houbo moito mais que un congreso, produciuse dun xeito natural e espontáneo unha cadea de afectos que partían dunha única orixe, que é a de loitar contra a inxustiza, a falta de transparencia e a división entre os veciños que o actual Alcalde está creando no pobo, e que tiña una única meta, devolverlle o Concello de Agolada a súa xente logo de tres anos onde a mesma é o menos importante.Non vou empregar unha sola frase mais nesta escrito para opinar do actual goberno, porque con sinceridade, o sábado viuse que non merece a pena e que a xente quere xa falar proxectos de futuro e esquecerse canto antes do actual presente que pronto esperamos sexa pasado. O sábado puidemos comprobar que o equipo de homes e mulleres que me acompañan na executiva do partido non estamos solos neste percorrido en busca da normalidade e da boa xestión que o noso Concello necesita, démonos conta de que o pobo de Agolada suspira polo cambio, e sobre todo percibimos que moita xente vai arrimar o ombreiro ao noso lado para voltar a senda do progreso e a modernización.

Quixera dicir moitas cousas, e quixera agradecer a moita xente o seu apoio incondicional, pero tempo teremos de facelo un por un con cada veciño que día tras dia, e non solo o sábado, nos está dando unha palmadiña nas costas e un alento de ánimo, pero sei que non chegarían as páxinas do periódico para expresar o que o noso equipo sinte e o moito que nos enche o saber que contamos coa confianza da xente. Solo vou iso si, reflexar unha parte do meu discurso do sábado, porque creo que o mesmo conta ben e claro que é o que queremos, e porque o queremos; “grazas por confiar en min e no resto do equipo, Pídovos que vos ilusionedes con nos, que traballedes con nos, que fagamos entre todos cada vez un equipo mais forte, mais unido e mais comprometido se cabe con noso futuro, con isto dámonos por satisfeitos”.

Non podo esquecer nestas verbas tampouco, o apoio incondicional do compañeiros do PP Comarcal, os alcaldes e portavoces do Deza, todos eles presentes, de membros recoñecidos do PP galego como Valentín Garcia (Secretario xeral de Política Linguistica), Susana López Abella (Secretaria xeral de Iguladade) ou Marta Fernandez (Delegada Territorial de Vigo), do Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodriguez, do Delegado Territorial de Pontevedra e veciño tamén Luis López, da presencia tamén dun referente para todos nos na política nacional como é Ana Pastor, de persoeiros tan importantes na política galega e que tanto camiño abriron na nosa autonomía como Victor V. Portomeñe ou Xesús Palmou. A Ramiro Varela, ex-alcalde e dende o sábado Presidente de honra do PP de Agolada non nos chegan as palabras para facerlle chegar o noso agradecemento polo seu apoio e consellos, e xa por ultimo a Alfonso Rueda, Presidente Provincial do PP e futuro Presidente da Xunta que dende sempre amosou un compromiso absoluto con Agolada, e que referendou acudindo a este congreso solo un día despois de presentar a súa candidatura ao PP de Galicia.

Remato estas verbas, como rematei a miña intervención no congreso porque non atopo mellor xeito de resumir a importancia de este gran dia para a familia popular de Agolada, “Imos recuperar a Alcaldía de Agolada, imos voltar a ver o noso Concello na prensa por cousas boas, ímolo conseguir e ímolo conseguir solo por unha cousas, porque todos xuntos somos mais fortes que ninguén”