Ao señor Cruz

Francisco López Cuíña

LALÍN

03 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

No pleno celebrado o pasado venres no Concello de Lalín e posteriormente en varios medios de comunicación, o señor Juan José Cruz concelleiro non adscrito que forma parte da Corporación Municipal, fai referencia á miña persoa poñendo en cuestión a miña situación laboral como traballador deste Concello insinuando trato de favor cara á miña persoa por ser «parente» do alcalde de Lalín.

Quero confirmarlle ao señor Cruz que son parente lonxano do señor do señor Cuíña, por iso levo o mesmo apelido, algo que xamais na miña vida tiven pensado cambiar, moito menos para ocupar un posto de traballo ao que accedín fai sete anos cumprindo os requisitos e achegando os méritos que se me solicitaron no seu día.

Dicirlle tamén que por moito que lle moleste, a vostede e aos que supoño lle pasaron unha información persoal non contrastada, a miña situación como traballador do Concello de Lalín é a que me corresponde por lei e na devandita situación non interveu máis que a Tesourería Xeral da Seguridade Social fai seis anos declarándome persoal laboral indefinido e recentemente a xunta de goberno recoñecendo os meus dereitos legais a través dun proceso no que non interveu un ningún momento o Sr Cuíña. E todo isto, eu podo demostrálo con documentación, non con faladurías.

Non entendo como unha persoa que na teoría ten que traballar para defender os dereitos dos veciños, pode poñer en dúbida sen achegar ningún tipo de probas, a integridade moral dun deles sementando dúbidas sobre a súa situación laboral e persoal. Sr. Cruz considerando que vostede non me coñece absolutamente de nada e tendo en conta as súas falsas afirmacións, espero que teña a ben recoñecer publicamente as súas infundadas insinuacións.