«Busco patrocinadores para poder saír a competir fora de Galicia»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Cedida

A xove lalinense participa esta fin de semana no Campionato Galego de Doma Clásica en Vilamartín

23 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A lalinense María Nogueira participa esta fin de semana no Campionato Galego de Doma Clásica que se celebra na localidade ourensá de Borulfe, en Vilamarín. Onte foi a primeira xornada da competición.

-¿Cómo comenzou a túa afición?

-Teño dezaoito anos recen cumpridos e levo dende os nove. A metade da miña vida. Teño unha prima que lle gustaban os cabalos, apuntáronme a clase e seguín ata agora.

-¿Ías a Mouriscade?

-Si, primeiro fun a Lalín, estaba Óscar de la Torre dando clases e cando el se foi eu seguino. Sigo indo a clases con el, neste caso na Estrada, porque cando atopas a un bo profesor... e profesores como el non hai.

-¿Cantos xinetes compiten en Vilamarín estes días?

-Este ano somos sete, o ano pasado eran menos. Teño compañeiros de Pontevedra, de Lugo que compiten, pero do Deza ningún.

-¿É moi caro competir?

-Si, moito. Todo é un gasto. Competir supón gastar moitos cartos. Eu teño remolque propio, cabalo propio, podería moverme, pero sen patrocinadores é imposible. As inscricións son carísimas. Hai uns niveles para competir, eu teño ata o catro, e precísase o seis para ir fora. Son cen euros por cada un que sacas, máis os papeis do cabalo, as vacinas. A min o que máis cerca me quedaría para participar nun nacional sería Asturias, pero supón cartos. Busco patrocinadores, a ver si algunha empresa se apunta e me pode botar unha man.

-¿Que che din na casa?

-Que por que non fago natación ou balonmán (risas) que é máis barato. Este deporte é caro, non está pensado para que poda acceder calquera, é así. Hai que ter un sitio para o cabalo, pagar a un entrenador, e todo costa moito. Pero e non me arrepinto de gastar o que gasto. E na casa apoianme incondicionalmente, sempre e en todo momento.

-¿Tes máis irmáns, algún que tamén monte?

-Non, teño dous pero teñen 35 e 37 anos e xa viven a súa vida.

-¿Cómo te preparaches para o campionato?

-Con moito entrenamento e sairei a sacar a mellor nota posible e a desfrutar, sobre todo, porque hai xente con moita experiencia e moito nivel.

-Este ano é a primeira vez que compites con cabalo propio, ¿cal é a diferenza?

-É moi distinto. Antes competía cun cabalo de outro e cun cabalo teu, é outra historia. Como o meu, nada.

-¿Qué tal se porta?

-Ten un carácter complicado, non é un cabalo fácil de levar, pero cada día mellor.

-Teredes que ir adaptándovos.

-Xa levo dous anos con el pero ata fai un ano non o levei a adestrar. Pasou do nivel cero a nivel tres nun ano, e o normal son tres anos de entrenamento para subir cada un dos niveis, así que é un fenómeno senon fora porque lle costa concentrarse.

-Serán cousas da idade.

-Ten doce anos, co que é xa un cabalo moi adulto, pero é como un neno de catro anos. Ten a manía de desconcentrarse, pero ten moitísimo potencial. O único é que cando se aburre fai o tonto, pero logo é boísimo, nunca me deu nin unha patada nin me faría nunca nada. Un pelín máis de concentración e sería o cabalo perfecto.

-¿O de Soberbio venñe por algo?

-O seu verdadeiro nome é Aaron, Soberbio é o apodo, o nome de cuadra, pero venlle ao pelo, é o nome que o define perfectamente (risas).

-¿Que estudias?

-Acabo de rematar o primeiro ano nun ciclo medio de Administración e empezo agora o segundo e presentareime a Ronda a unha escola de doma. Solo collen cada ano a moi pouca xente, pero quero intentar entrar. Teño data de caducidade porque so se poden facer eses estudos ata os 23, si eres maior xa non poderías intentalo. As escolas deste tipo custan mil euros o mes e cinco mil euros de matrícula, e esta é becada, co cal si entras non tería que pagar.

-¿Por qué a doma clásica?

-Eu saltei algunha vez, e gústame todo, todas as disciplinas, pero a doma é outro nivel, é para xente perfeccionista. Aquí non se perdoa nada, nin un fallo, na doma é importante todo, todos os detalles contan.