Traballar sin máscaras, empregar sin barreiras

Morea de Lalín

LALÍN

10 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental, celebración que cumple 25 anos e conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS). A saúde mental no lugar de traballo foi o tema elexido a nivel mundial para esta conmemoración , considerando que se trata dun asunto de interese para axentes sociais, as institucións e a cidadanía en xeral.

A A.F.E.M. Morea de Lalín quere chamar a atención sobre esta realidade e trasladar ós poderes políticos, axentes sociais, medios de comunicación, empresas, profesionais de diversos ámbitos e á sociedade en xeral que as persoas con enfermidade mental se atopan con grandes obstáculos á hora de integrarse no mundo laboral, debido en gran parte, ós falsos mitos e ó descoñecemento que hai cara a esta realidade. Existen vías para que calquera persoa, independentemente das súas circunstancias vitais, exercite o seu dereito a acceder e manter un emprego, sendo fundamental ademais que as persoas con enfermidade mental formen parte activa na sociedade, sendo considerados cidadáns con dereitos e obrigas e desenvolvan un sentimento de utilidade.

Dende a Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental Morea, queremos promover o dereito de calquera persoa a acceder e manter un emprego, así como tomar conciencia sobre a necesidade de que os lugares de traballo sexan entornos saudables onde se coide a saúde mental.

Algúns datos

Estímase que o 25 % da poboación terá un problema de saúde mental ó longo da súa vida. Ademais, en Europa os trastornos mentais son o segundo problema de saúde máis común no traballo. Os niveis de absentismo laboral, desemprego e solicitudes de incapacidade por problemas de saúde mental non deixaron de aumentar nos últimos anos: o 10% dos problemas crónicos de saúde e de incapacidade son trastornos mentais i emocionais. Por facernos unha idea da prevalencia desta realidade, a OMS estima que no 2020 a depresión será a segunda causa máis importante de incapacidade no mundo (European Network fuere Workplace Health Promotion- ENWHP).

En canto á inserción laboral das persoas con enfermidade mental, estímase que só un 15,9% delas traballa, a pesares de ser o segundo grupo máis numeroso de persoas con discapacidade en idade laboral (El empleo de las personas con discapacidad. Instituto Nacional de Estadística. 2015).

As asociacións de familiares e persoas con problemas de saúde mental de Galicia denunciamos amplamente esta situación e reivindicamos o dereito destas persoas a ter un traballo digno e saudable, destacando o seu potencial e capacidades para poder desempeñar un posto de traballo de forma responsable e axeitada.

Ó longo do ano 2016 na provincia de Pontevedra, a través do servizo de emprego da nosa federación deuse orientación laboral a 868 persoas con enfermidade mental, das cales 67 conseguiron un contrato en emprego ordinario.