Achegar o Conservatorio de Lalín ao centro do pobo, unha meta do curso

amelia ferreiroa

LALÍN

rober amado

As clases principarán oficialmente mañá mércores

18 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O curso 2018/19 no Conservatorio de Música Profesional de Lalín botará a andar oficialmente mañán mércores despois da presentación que tivo lugar onte no Salón Teatro da vila. Unha nova andaina académica que comeza sente ter a pantilla ao completo; «temos dúas eivas en trompeta e trompa nas que non hai profesores pero semella que está en marcha o asunto e esperamos que nun curto espazo de tempo esté solucionado o problema», segundo remarca o xefe de estudos do conservatorio Benxamín Otero. Curso académico que se prantexa con «moita ilusión», con especialistas en cada modalidade «e unha plantilla de profesorado que é un luxo, da que só podo dicir bondades e que vai nunha mesma intención que é a de camiñar xuntos cara un mesmo sitio e implicarse. É algo que se agradece moitísimo. Ao final non hai notas senón traballo en equipo», reflexiona Otero.

Unha das metas que se fixa o cadro directivo e de profesores do Conservatorio de Música Profesional de Lalín neste curso é que os alumnos teñan a experiencia de tocar en público, «que non sexa algo puntual senón habitual». Por outra banda intensificarase o achegamento do conservatorio ao centro da vila. «Dá a sensación que estamos apartados alí nun rincón, parece que non hai contacto coa vila e a intención é establecer un vínculo máis didáctico... Intentaremos facer concertos no museo, na biblioteca, en distintos espazos do casco urbano. É un conservatorio no que se fan moitas cousas, do que saen e sairon grandes músicos e temos que presumir deso». Un centro que conta cunha matrícula semellante ao pasado curso, cuns 150 alumnos, e «cun ensino e nivel de esixencia educativa que se pode equiparar ao de conservatorios como Pontevedra, Ourense ou Santiago». Entre os desexos; «que se amañe o edificio canto antes».