Exposición sobre Luísa Villalta na biblioteca de Silleda e reparto de agasallo polas Letras

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

11 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A biblioteca municipal Daniel Castelao de Silleda acolle todo o mes a mostra Viaxe polo Metaverso con Luísa Villalta, que inclúe carteis elaborados polo CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense. Un traballo que destaca polo seu carácter innovador ao nos amosar a protagonista das Letras Galegas como un avatar que nos convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso.

A esta iniciativa polas Letras Galegas, a concellería de Normalización Lingüística suma outras iniciativas como o reparto entre a mocidade empadroada no municipio trasdezá dun agasallo conmemorativo. Dende o día 13 ao 16 entregarán de xeito gratuíto e ata esgotar existencias entre los máis novos, con idades de 12 a 30 anos, tote bags con deseño baseado na figura da poetisa. Poderán retirarse na Casa da Xuventude presentando o documento de identidade. Mentres, na biblioteca municipal o día 20 terá lugar una actividade para o público infantil dentro do programa das Letras Galegas. En concreto a narración oral Luísa Villalta e o violino de vento, dentro do programa Ler conta moito.

De xeito paralelo segue en marcha o certamen de vídeos Presume de Lingua, promovido polos departamentos de Mocidade e Cultura. Mañá domingo conclúe o prazo para presentar as propostas, que optan a premios que consistirán en vales para gastar nos establecementos de Silleda. Serán entregados o día 17.