Merza acolle curso musical, charla, taller e exposición de instrumentos

amelia ferreiroa

VILA DE CRUCES

18 mar 2018 . Actualizado a las 21:45 h.

Do 26 ao 29 de marzo • Colexio público de Merza e Auditorio Valero Guzmán • Vila de Cruces • Merza volta a apostar pola formación musical cun amplo curso que está fixado entre os días 26 e 29 deste mes de marzo. Ensinanzas que correrán a cargo do trompetista Roberto Bodé, José M. Redondo (tuba), o trompetista Jordi Ortega, a frautista Amalia Tortajada e Xocas Meijide (clarinete), e que se levarán a cabo nas instalacións do colexio público da localidade en horario de 10 a 14 horas e pola tarde de 16 a 19 horas. Un curso de música para o que se establecen distintos prezos dependendo de se os alumnos pertencen á escola da formación bandística ou chegan de fóra. Así os rapaces da escola activos deberán de abonar 60 euros pola impartición deste curso, os alumnos externos activos pagarán 90 euros mentras que os alumnos da escola ointes terán que desembolsar 30 euros e os externos ointes un total de 50 euros.

A programación deste curso que organiza a Banda Artística de Merza contempla tamén actividades paralelas como é unha exposición de instrumentos antigos, que se abrirá ao público o luns día 26, e un concerto de Abraham Cupeiro ese mesmo día ás 20 horas no Auditorio Valero Guzmán. O día seguinte, martes, haberá un taller e unha charla sobre o mantemento dos instrumentos que correrá a cargo de Aire Metal y Arte para rematar a xornada cun concerto do grupo Merza Ensemble. O programa de actividades continuará o mércores cun concerto de solistas a cargo da Banda Artística de Merza e ao rematar haberá unha cea-baile. Por último, e para rematar, a programación desta iniciativa o xoves 29 de marzo está previsto celebrar un gran concerto de clausura e se fará entrega tamén dos diplomas de participación aos alumnos que tomen parte nas ensinanzas.