Ben orientados

Pedro Puy
Pedro Puy TRIBUNA

ECONOMÍA

06 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

No proxecto de Orzamentos do Estado para o 2017 Galicia é a segunda comunidade con maior investimento per capita; e a cuarta con maior cantidade e porcentaxe sobre o total, o 11 %, moi por riba do peso da nosa poboación (o 6 %) e tamén do 8 % que o bipartito demandaba. Nuns Orzamentos nos que o total do investimento cae (seguimos sendo o país europeo con máis déficit) o Estado investirá en Galicia máis de mil millóns. Ninguén ten cuestionado o que se vai facer, só o que se bota en falla. Son, pois, uns Orzamentos ben orientados. E con contías elevadas: as mesmas que algúns criticaron por excesivas para Cataluña, con case o triplo de poboación.

E son uns Orzamentos para toda España. Que reducen o déficit e incrementan a recadación grazas a recuperación económica e a loita contra a fraude. Que incrementan o gasto social, especialmente a través das autonomías (247 millóns adicionais para Galicia). E que cohesionan o territorio nacional, como demostran as cifras adicadas á conexión ferroviaria de Galicia coa Meseta. Só falla que se executen.