Pedro Sanz opta a la reelección en el Toxos «co obxectivo de seguir proxectando Ferrol desde o coro»

La Voz

FERROL

28 abr 2009 . Actualizado a las 12:12 h.

El presidente del Real Coro Toxos e Froles, Pedro Sanz, optará mañana, miércoles, a la reelección, en la asamblea que comenzará a las 20 horas en su sede de la calle Magdalena. «Nas próximas horas teremos pechada a nosa candidatura -señalaba-, na que haberá tanto xente nova como coristas de longa traxectoria no Toxos, e na que a renovación ten un espazo moi importante». Sanz opta a ser reelegido «co obxectivo de seguir proxectando Ferrol desde o coro». «A nosa intención está ben clara -señala-. Nós queremos que o coro siga sendo o que hoxe é, e o que xa foi nos tempos das Irmandades da Fala; unha entidade que proxecta Ferrol a toda Galicia, e a Galicia polo mundo enteiro. Hai quen ten unha idea distinta: facer que o Toxos volva ser unha institución meramente folclórica de ámbito exclusivamente local, e esa é unha postura totalmente respectable, pero non é a nosa. Nós cremos -subraya- que o Real Coro Toxos e Froles, que recibiu a Medalla de Ouro de Galicia, ten que ser o que Galicia espera del».

«Non me gusta falar do pasado -comenta Sanz-, pero cando nós chegamos á xunta directiva do Toxos, no 99, o coro estaba como estaba. Prefiro non dicir máis, porque non me interesa entrar en polémicas que non lle fan ben á institucion. Pero desde aquela o Toxos conseguiu unha nova sede no casco histórico, no barrio da Magdalena. Recibiu a Medalla de Ouro de Galicia. Viaxou a Cuba, onde deixou unha forte impronta que o converte nun auténtico embaixador da cultura galega alí onde os galegos son tan recordados e tan queridos. Sentou os alicerces do que será a asociación dos coros tradicionais de Galicia. Estreitou os lazos con terras e culturas que hoxe, grazas ao Toxos, se senten directamente vencelladas con Ferrol. Deulle un impulso definitivo á irmandade entre as súas capitais diocesanas. E contribuiu a poñer en valor o legado de figuras fundamentais da nosa cultura: desde Fontenla Leal a Álvaro Cunqueiro e desde Concepción Arenal ata Gonzalo Torrente Ballester».

«O feito, aí está»

«Son os socios os que teñen que valorar agora o noso proxecto, e decidir -dice Sanz-. O feito, aí está. Nós, desde logo -continúa-, pensamos que non se pode volver atrás. E insisto en que non quero recordar o que aquí sucedeu en tempos da xunta directiva á que nós sucedemos. Está na mente de todos». «A pesar do que todos sabemos -añadía Sanz-, o anterior presidente chegou incluso a denunciarme a min no xulgado. E o xuíz, claro, arquivou a súa denuncia».

«Hoxe oToxos e Froles volve ser unha entidade de referencia, como o foi hai máis de sesenta anos -remarca Pedro Sanz-. É unha entidade que tendo aos coristas como a súa alma volve facer de toda a cultura galega a súa razón de existir. O coro é a institución que reivindica e premia a poesía de Luz Pozo, de Darío Xohán Cabana e do noso recordado Ramiro Fonte». Sanz remarca que otro de sus principales objetivos va a ser «lograr o pleno saneamento económico do coro». «Pasamos momentos complicadados no aspecto financeiro -reconoce Pedro Sanz-, pero xa estamos comezando a ver a luz ao final do túnel. Todo sairá ben».