A vinganza, mala conselleira

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

19 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A conmemoración do bombardeo de Dresde fixo pensar a moitos militares británicos que estudaron se aquel bombardeo (e outros) foi beneficioso para a marcha da guerra. O propio ministro alemán de armamento e arquitecto de Hitler, Albert Speer, confesou que os bombardeos de Hamburgo, Berlín, Dresde foron beneficiosos para o transporte de armamento e munición do exército alemán.

¿Por qué a aviación inglesa e americana non se concentraba na rede ferroviaria e nos obxectivos militares perfectamente identificados? Nas operacións bélicas hai un elemento básico: o odio. O desexo de vinganza. Pero o odio case sempre tolda o pensamento e impide facer cálculos fríos e pragmáticos. Nos políticos ingleses puido máis o desexo de vinganza. Ese desexo foi disfrazado con razoamentos aparentemente lóxicos: o cálculo de que a poboación alemana catigada polas bombas había de sublevarse contra o réxime nazi. Pero non foi así.

¿Se os ingleses bombardeados non se sublevaron contra as súas autoridades, por qué os alemanes sí habían de sublevarse? Até o final da guerra os bombardeos sobre civís desviaron esforzos, tempo e material sobre obxectivos militares. A sede de vinganza e o odio cego decidiron estratexias.

Despois vestiron a estratexia de cálculos aparentemente racionais. A guerra durou máis e houbo máis mortos aliados (e británicos) por erros irracionais. O odio, os insultos, a soberbia non son bos conselleiros. O Reino Unido gañou a guerra, pero daquela maneira.