Irresponsables

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

08 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

As condutas irresponsables son numerosas. repiten un modelo. Vémolas no Reino Unido, en Suecia -que tiñamos coma sociedade exemplar-, en Barcelona, na Coruña e na rúa Pardo Bajo da nosa cidade... Cal é a causa de tales irresponsabilidade? A sociedade urbana (e somos cidades con millóns de persoas) está desconectada da natureza, de onde vén a auga que bebemos e os alimentos que comemos, e mais está desconectada da rede laboral. Descoñecemos os traballos que fan posible a existencia. Prendes a luz e non sabes de onde veñen os cables. Funcionan os semáforos e non sabes das persoas que traballan para que funcionen, non sabes como reparan a ponte por onde pasas, nin a policía que vixía para que os delitos non superen a cifra do insufrible... nin os camioneiros que todos os días transportan o que comes.

Pregunten se foron ver algún día o encoro da traída da auga. Se saben como é a ría onde viven, o val, os montes... O descoñecemento trae indiferenza e a indiferenza falta de estima e a falta de estima condutas irresponsables. Dúas ignorancias favorecen a irresponsabilidade: a ignorancia da natureza, sen a que é imposible vivir, e a ignorancia do trasmallo social, sen o que deixariamos de existir en poucas horas... A cultura urbana favorece un individualismo ignorante que produce insolidariedade. Cando todo funciona máis ou menos a inercia tapa as ignorancias.

As catástrofes destapan as carencias mentais «multiplicadoras». De aí as condutas irresponsables.