Terra Galega di comprometerse co deporte e a cultura nun acto celebrado no Val

La Voz NARÓN / LA VOZ

FERROL

Marián Ferreiro, candidata por Terra Galega a la Alcaldía de Narón
Marián Ferreiro, candidata por Terra Galega a la Alcaldía de Narón Cedida

Marián Ferreiro destaca o parque infantil en Vilacornelle

23 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Nun acto celebrado no Val, Terra Galega reafirmou onte o seu compromiso coas áreas de cultura e deportes en Narón. Marián Ferreiro estivo acompañada por tres das integrantes do seu equipo: Mar Gómez, Lorena Barea e Ana Belén Rodríguez. E destacou do seu mandato a mellora de equipamentos, como un novo parque infantil en Vilacornelle ou a ampliación de servizos como saneamento e abastecemento.

«Queremos seguir apostando pola zona rural e nesa liña temos deseñado un completo programa para os vindeiros catro anos, con propostas pensadas para xente de toda a cidade e de todas as idades», recalcou a candidata. Ferreiro tamén pretende «substituír o céspede artificial do campo do Val e construír pola zona costeira, cun encanto especial, a primeira vía ferrata da cidade para diversificar a actividade deportiva».