Profesionais do CHUF participaron no Congreso Nacional de Oftalmoloxía

A. Urgorri FERROL

FERROL

cedida

A oftalmóloga xefa de sección do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, Nuria Olivier Pascual, interviña como relatora na reunión conxunta que no marco deste encontro nacional

27 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Profesionais da Área Sanitaria de Ferrol participaron activamente no 101 Congreso Nacional de Oftalmoloxía que reuniu a implicados desta especialidade de todo o territorio nacional en Santiago de Compostela entre os días 24 e 26. A oftalmóloga e recentemente nomeada xefa de sección de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, Nuria Olivier Pascual, interviña o xoves como relatora na reunión conxunta que no marco deste encontro nacional se realizaba entre a Sociedade Española de Oftalmoloxía (SEO) e a Sociedade Galega de Oftalmoloxía (SOG), e na que abordaba a posible activación dun código ictus en retina, para a abordaxe urxente en oclusións arteriais retinianas.

O oftalmólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, Antonio García Ben, defendía a comunicación aceptada deste profesional, xunto co residente Cristóbal Quintero González, no que se afonda na correlación entre a integridade das fibras de Henle e a agudeza visual en ollos con foveosquisis miópica, no campo da vítreo e no campo da retina.