Marcos Lorenzo: «Queremos que todas as forzas políticas asinen un plan para a cultura en Ferrol e que o presenten xuntas»

Bea Abelairas
Bea Abelairas FERROL

FERROL CIUDAD

Marcos Lorenzo
Marcos Lorenzo CESAR TOIMIL

O técnico municipal aposta por unha xestión racional e rigorosa da programación

19 may 2022 . Actualizado a las 11:01 h.

Marcos Lorenzo é desde hai dous anos o técnico de cultura do Concello de Ferrol. Non é a primeira vez que está neste posto, tanto en Ferrol, como na Coruña ou en Santiago, aínda que en diferentes organismos. Agora mesmo está volcado en recoller cantas máis ideas se poida para elaborar un Plan Estratéxico da Cultura que estableza unhas bases sólidas. «A cultura é xestión, temos que desterrar esa idea de que se fai improvisando, non é así», advirte.

—Cal é o obxectivo do plan?

—Tres grandes utilidades: por unha parte é incorporar unha xestión racional, rigorosa e profesional da cultura igual que calquera outro campo, por exemplo na sanidade sería impensable traballar sen plan e sen indicadores das necesidades. Outra é que sexa un plan a seis anos para darlle continuidade á política cultural do concello e que non varíe cada vez que hai un cambio de alcaldía, porque en Ferrol nas últimas décadas apenas hai continuidade nos equipos de goberno e iso fixo que se deran volantazos, é dicir, que cada partido entrase cunha intención e cando chegaba o seguinte goberno desmontaba o feito polo anterior. E iso xera un problema, por exemplo en Narón hai un técnico de cultura que fixo un traballo estupendo ao redor das artes escénicas, pero deixárono traballar durante 30 anos seguidos. Cando non se pode ter esa continuidade do equipo de traballo, polo menos hai que pactar unha folla de ruta.

—Ferrol en Común organiza hoxe a súa asemblea cultural co mesmo obxectivo...

—Non teño nin idea... Pero o noso obxectivo é chegar a un acordo con consenso: queremos que todos os partidos asinen o plan a seis anos e que o presenten de forma conxunta nun acto público, que non sexa un plan dun goberno, todos deben estar cómodos. Tamén pode ser que Ferrol en Común queira recoller ideas que poidan incorporarse a este plan, e cantas máis voces participen mellor. Precisamente este é o terceiro obxectivo: hai moitísimas persoas que nunca teñen acceso a transmitir esas propostas, e por iso facemos este proceso participativo que comeza o luns, un proceso ben organizado de forma que logremos ser o máis inclusivos posibles para que opine canta máis xente mellor. E para iso xa levamos moito tempo traballando.

—Como?

—Fixemos un estudo bastante innovador, unha ferramenta que non teñen cidades como Vigo ou A Coruña. Unha diagnose de necesidades. O seguinte paso é decidir un plan de acción: o que imos facer e os recursos que terá. Recollemos ideas e moita xente opina o mesmo...

—Cal é a idea más recorrente?

—Que os actos culturais están moi centralizados, que as actividades que se organizan non chegan á xente, que non se enteran...

Más de mil ideas y tres asambleas para crear una hoja de ruta para la cultura en Ferrol

La semana que viene arrancan las reuniones sectoriales en el Torrente, donde cualquier persona puede proponer ideas para la programación 

Ferrol está construyendo su hoja de ruta para la gestión cultural de los próximos seis años: el Plan estratéxico da cultura. El objetivo es crear un documento consensuado con todos los partidos políticos y en el que estén reflejados los deseos o necesidades de los vecinos o los artistas. Una labor ingente que ya acumula muchas horas de trabajo, de reuniones con los colectivos y que la próxima semana prevé celebrar asambleas sectoriales de lunes a miércoles.

En este proceso ya se han recogido más de mil ideas que se irán incorporando al mapa que seguirá la programación cultural durante los próximos años. No es necesario acudir a las reuniones de la semana que viene para participar. También hay un correo (plancultura@ferrol.es). Mientras que para asistir a los encuentros sectoriales en el Torrente es necesario anotarse en un formulario que se encuentra en la web municipal, ya que el aforo de cada reunión está limitado a 30 asistentes. Tras esta cita comenzará la segunda fase de redacción de plan. Después del verano está previsto presentar la primera versión de un documento que se espera aprobar a finales de año.

Por su parte, Ferrol en Común convoca una asamblea por el mismo motivo esta tarde en el Ateneo a las 19.30 horas.

El calendario: reuniones en el Torrente los días 23, 24 y 25 de este mes

El lunes se convoca al sector del libro de 16 a 18 horas y al de artes plásticas de 18.30 a 20.30. El martes al audiovisual desde las 16 horas y artes escénicas a las 18.30. Mientras que el miércoles el primer turno de reuniones será para escuchar a los músicos de Ferrol (a las 16 horas) y el segundo para los gestores del patrimonio cultural.