Manuel Patinha publica un novo poemario, «Montecoruto», editado por Medulia

FERROL CIUDAD

José Pardo

A presentación tivo por escenario o Centro Cívico de Canido

22 oct 2025 . Actualizado a las 12:42 h.

O escritor e artista plástico Manuel Patinha saca á luz un novo poemario. Trátase de «Montecoruto», obra que ve a luz da man da editorial Medulia, que dirixe Xulio López Valcárcel. A presentación tivo por escenario, este venres, as instalacións do Centro Cívico de Canido, en Ferrol. E nela, o escritor estivo acompañado, ademais de polo propio Xulio López Valcárcel (unha das máis grandes figuras das letras de Galicia), polo concelleiro ferrolán de Cultura, José Antonio Ponte Far, e polos tamén escritores Mariano Durán e Rosa Martínez Dios.

Nado en Portugal, pero intimamente vencellado, desde hai décadas, a Galicia e á súa cultura, Patinha é un artista de sesibilidade exquisita, dono dun personalísimo mundo creativo que abrangue desde os universos da palabra ata a escultura, a pintura, o gravado e a fotografía.