A miña filla, as súas necesidades especiais e os campamentos de verán
FERROL CIUDAD
Diversidade
Presentouse un campamento urbano do Concello de Santiago dirixido a mocidade de entre 14 e 17 anos. Eu teño unha filla que por esas datas cumpre 15 anos e, porén, non poderá asistir.
As actividades presentadas con tanta pompa non lle servirían nin poderían adaptarse a súa discapacidade e situación de dependencia. Durante a presentación insistiuse na reserva do 10 % das prazas para persoas con necesidades especiais. Pero, de que necesidades estamos a falar? Unicamente das de quen pode seguir o programa cunha adaptación mínima. A miña filla non entraría nese grupo. A inclusión non se garante reservando un 10 % das prazas. Algúns preguntaranse en que me baseo para facer esta afirmación. A resposta é sinxela: hai nenos, mozos e adultos que precisan actividades e campamentos deseñados especificamente para eles. Actividades que só poden programarse unha vez coñecido o perfil das persoas participantes. E para coñecer esas necesidades é imprescindible que a inscrición se realice con suficiente antelación. Mª Magdalena Rodríguez.
Coches chinos
Por fin una buena noticia. Galicia tendrá otra fábrica de coches, esta vez chinos. En esta ocasión, el tejido industrial depauperado y raquítico suma en lugar de restar. Vendrán trabajadores chinos a Ferrolterra durante una media de dos años y luego, una vez que la producción esté en marcha, se irán para su país. Quizá alguno se quede. Bienvenido sea. Laura Gil. Ferrol