Carmen V. Valiña estará no Abeiro ás cinco da tarde, para falar das mulleres silenciadas pola historia
14 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Carmen V. Valiña (Baio, 1985), escritora, investigadora, doutora en Historia Contemporánea e autora de As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo (1885-1936), estará este mércores (17 horas) no albergue O Abeiro, en Mañón, para impartir un obradoiro sobre «as internas de Conxo e o uso da psiquiatría como ferramenta de control da disidencia feminina».
O seu traballo, que este ano recibiu o Premio Antón Losada Diéguez na modalidade de Ensaio e Investigación, sitúase entre a investigación histórica, a memoria democrática e a creación literaria, «cun especial interese pola recuperación das voces das mulleres silenciadas pola historia». Percorre concellos galegos nun proxecto participativo que pretende dar voz a unha memoria que mantiveron calada durante décadas.