Os veciños participarán con preguntas sobre o pan e outras tradicións
16 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Neda chegará o vindeiro venres, ás 18.00 horas, o proxecto XoGal. Impulsado polos GDR Montes e Vales Orientais, Terras de Miranda, Terra Chá e Seitura 22 en colaboración coa empresa galega Skeirrum, consistirá na experiencia Tesouros de Neda na que poderán participar todos os veciños.
Os participantes terán que atopar todos os tesouros agochados da vila (pan, muíños, tradición) e descubrir un segredo entre fariñas e historia. Haberá que resolver acertixos, preguntas e probas para completar o percorrido e optar a varios premios.