Cen aspirantes a obter o Celga puideron examinarse por primeira vez en liña

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

O exame, desde a sala de control habilitada pola Amtega.
O exame, desde a sala de control habilitada pola Amtega. SANDRA ALONSO

Os participantes permitiron que o sistema accedese á súa cámara para evitar que fixesen trampas

05 dic 2025 . Actualizado a las 20:34 h.

Por primeira vez, as persoas que este venres se examinaron do Celga, as probas que acreditan o dominio do galego, puideron facelo en liña. Dos 600 aspirantes que se inscribiron para o exame, habilitáronse cen prazas para poder facelo a través de internet. O obxectivo, segundo explicou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, é que en vindeiras convocatorias se amplíen esas prazas.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia levou a cabo o proceso de deseño, adaptación e posta en marcha da plataforma para as probas. O exame seguiu os mesmos parámetros que o presencial. A proba escrita constou de dúas partes, cun máximo de tres horas de duración. E despois fíxose unha proba oral, cunha duración aproximada de trinta minutos.

As persoas que fixeron o exame en liña permitiron o acceso do sistema á súa cámara para verificar que non tiñan axudas externas no exame.