Aspas precisa socios

Xosé R. Castro FONDO NORTE

GRADA DE RÍO

Iago Aspas
Iago Aspas RC CELTA

O anuncio da renovación do moañés, malia que sexa nunha data tan sinalada, non muda o foco da necesidade

26 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Asegurarse a continuidade de Iago Aspas polo menos tres tempadas máis sempre é unha excelente noticia para o celtismo, que polo de agora non ten que adiviñar como será a vida sen o mellor xogador da historia celeste. Pero o anuncio da renovación do moañés, malia que sexa nunha data tan sinalada, non muda o foco da necesidade.

Estamos a 26 de xullo, en 18 días o Celta ten o primeiro partido de liga e, a estas alturas, a Eduardo Coudet fáltanlle un mínimo de tres titulares, varias pezas do fondo de armario e, sobre todo, armar una formación competitiva tendo en conta as peculiaridades tácticas e físicas dos equipos do Chacho.

Porque ao adestrador arxentino faláronlle de economía de guerra a tempada pasada e dun salto de calidade este curso, e por moito que aínda quede un mes longo para o peche do mercado, a situación só invita á preocupación. O Celta necesita un bo arranque para non verse lastrado como o curso pasado e, máxime, tendo en conta as peculiaridades da liga que se aveciña. Por iso Luís Campos, ou quen sexa, non pode permitir que o equipo suba ao bus cara a Braga o venres co posto. Aspas, renovado e feliz, necesita acompañantes para seguir facendo historia no Celta. El xa fixo bastantes milagres.