A Federación de Peñas convoca recibimento para o Celta-Friburgo

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

Afeccionados do Celta, recibindo ao equipo antes do partido ante o Rayo Vallecano da penúltima xornada da tempada 2024/2025.
Afeccionados do Celta, recibindo ao equipo antes do partido ante o Rayo Vallecano da penúltima xornada da tempada 2024/2025. ÓSCAR VÁZQUEZ

A cita será ás 17.00 horas deste xoves na rúa Pablo Iglesias

14 abr 2026 . Actualizado a las 20:33 h.

A Federación de Peñas do Celta vén de convocar esta tarde o que será o primeiro recibimento organizado ao equipo vigués na presente tempada. A cita será ás 17.00, unha hora e tres cuartos antes da hora sinalada para o inicio do partido de volta dos cuartos de final da Europa League no que os de Claudio Giráldez buscarán dar a volta ao 3-0 adverso do que retornaron do Europa Park Stadion de Friburgo.

A convocatoria, para dar á benvida ao equipo pola rúa Pablo Iglesias, chegou unha hora despois de que Siareiros Celta Vigo lanzara tamén as súas iniciativas para a previa do partido. A coordinadora da bancada de animación aposta por que todos os celtistas escollan para esta ocasión camiseta celeste e que accedan cedo ao estadio para alentar aos xogadores xa desde o quecemento, en torno ás 18.15. Ademais, o club anunciara a presenza do músico Abraham Cupeiro para actuar nos prolegómenos do encontro, na que será a súa terceira vez presentándose ante o celtismo en Balaídos.

Ao longo da tempada, non houbera ata o de agora ningún recibimento organizado como tal, máis alá de que sempre hai afeccionados que agardan de forma espontánea pola chegado do autobús do equipo. O más recente data da penúltima xornada da tempada pasada, cando o Celta recibía ao Rayo Vallecano na procura dunha clasificación continental que acabou acadando na última data do campionato, fronte ao Xetafe a fin de semana seguinte.