As palabras máis fermosas da lingua galega

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

Miles de alumnos elixiron en 1993 a palabra «bolboreta» como a más bonita da nosa lingua, o que sen dúbida é válido para  un gran número de galegos
Miles de alumnos elixiron en 1993 a palabra «bolboreta» como a más bonita da nosa lingua, o que sen dúbida é válido para un gran número de galegos CARLOS RUEDA

Que é o que determina a beleza das palabras que utilizamos na vida de cada día

27 jul 2017 . Actualizado a las 13:17 h.

O tema ten interese en por si, pero, ao mesmo tempo, resúltanos tamén como moi familiar porque nos remonta aos resultados dunha enquisa feita por A Voz na Escola a 20.000 alumnos galegos sobre as palabras máis fermosas da lingua, cuxos resultados foron publicados o 30 de xuño de 1993 no suplemento. Na páxina 2 falamos de todo isto e presentamos un novo libro do profesor Alonso Montero que trata precisamente deste tema.

1. ¿QUE DETERMINA A FERMOSURA?

Moitas veces, din os electores destes catálogos, inflúe o ritmo da palabra, a súa dozura de son, o recordo e vigor próximo da imaxe á que se lle aplica. Outros, en cambio, buscan luz e contido na mesma palabra que serve de guía para a súa clasificación: palabras… fermosas.

¿Buscamos no Dicionario da Real Academia Galega e procedemos á construción dun gráfico móbil no que unha palabra tira doutras ou se liga con outras para lograr ese obxectivo tan bonito que dá fermosura, beldade, beleza, bonitura? ¿Indagamos en que consiste para ver que palabras obteñen logo ese privilexio?

2. FERMOSAS

Que produce unha impresión agradable á vista, ao oído ou, en xeral, que provoca pracer espiritual; é igual a belo, bonito.

  • Impresión: efecto que causa no ánimo ou nos sentidos algo ou alguén.
  • Agradable: sensación de benestar, de tranquilidade, calma, paz, gusto, sosego que resulta dalgunha cousa.
  • Vista: sentido polo que se percibe a forma e mais a cor dos obxectos.
  • Oído: sentido polo que percibimos os sons.
  • Pracer: sensación que unha cousa agradable ou que gusta moito produce no espírito ou nos sentidos.
  • Espiritual: relativo ao espírito ou mente, non material, o que constitúe a vida psíquica, intelectual e afectiva dunha persoa.
  • Belo: que resulta agradable á vista ou ao oído.
  • Bonito: que produce una impresión agradable aos sentidos ou ao intelecto, pola perfección ou harmonía dos seus trazos.

 

3. ALGUNHAS CLAVES

Seguindo, xa que logo, este hipotético xogo, teríamos 14 puntos clave que poderiamos plasmar nun gráfico dinámico: fermosas, impresión, agradable, vista, oído, pracer, espiritual, belo, bonito, sentidos, intelecto, perfección, harmonía, trazos...

Tarefa non fácil, pero talvez interesante para os investigadores que publican os seus resultados. Que palabra se resiste ao xogo das 14 claves, cando a verdadeira fermosura se sente máis que se ve, se intúe máis que se razoa, se ten, máis que se compra? E se a iso engadimos a potente reserva que a estrutura do programa académico leva consigo? Nada achega á fermosura as palabras exactas da matemática pura, a xeo verde, o compás da música, o ambiente e medio que se respira, o acento dos idiomas sen fronteiras, o picante acento das esdrúxulas gramaticais, a arte de cores, a química da vida…?

En fin, talvez sexa certo que, para saber se unha palabra é ou non é fermosa, non fai falta darlle moitas voltas. É ou non é, ti dirás. Cantouno o poeta a quen sobraban palabras cando a fermosura é evidente: «Non a toques, así é a rosa».

VACACIÓNS

A propósito, ¿que tal a palabra vacacións? Nós, La Voz de la Escuela, tamén descansamos e agradecemos a túa atención durante o curso que finaliza.

Visita también en vacaciones la web de PRENSA-ESCUELA: www.prensaescuela.es