monforte / la voz

A praza de España de Monforte acolleu onte, cun favorable tempo soleado, a tradicional concentración do concurso municipal do Xoves de Compadres, no que se repartiron en total dezaseis galardóns. Na categoría de crítica social houbo unicamente un primeiro premio para o conxunto «Xa era hora», da asociación de veciños da parroquia de Ribas Altas. No apartado colectivo de barrios concedeuse o primeiro premio a «Jara y sedal», da asociación Prodeme, e houbo dos segundos premios para a asociación de veciños do barrio de Rioseco e para o «Os xenéricos fan estragos nos vellos», do barrio de Carude. Nesta mesma categoría houbo ademais dous accésits para o mencionado «Xa era hora» e para o conxunto «Compadriños», do colexio A Gándara.

No apartado individual de barrios houbo dous primeiros premios: un para «Monfortinos en acción», da asociación Agora -conxunto instalado na capela de San Lázaro- e outro para «Master Chef + 60», do centro social da Fundación Abanca, exhibido na rúa Cardeal. O segundo premio foi para «Aprendiendo», de Matilde Corral, que foi exposto na rúa Doutor Casares. Outorgáronse ademais dous accésits a «Cheira a xofre», da asociación Afamón -instalado no edificio multiusos- e «Rodando en Monforte con Dani de la Torre», do Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Centros educativos

Na categoría individual para centros de ensino houbo tamén dous primeiros premios, que se concederon respectivamente a «Cantares de cego» -do colexio A Gándara- e «Superlópez», do colexio Torre de Lemos. Houbo así mesmo dous segundos premios, que recaeron en «Superlópez», da anpa do colexio Escolapios, e «O marco non se toca», da anpa do Colexio Novo. No apartado colectivo de centros educativos outorgouse soamente un primeiro premio a «50 anos da pegada do home na Lúa», do Colexio Ferroviario.

Por outro lado, na categoría de compadres individuais presentados na praza de España concedeuse igualmente un único premio, que gañou Antón López por «Antón gana la partida a Luigi». O apartado do premio á mellor composición etnográfica quedou deserto, xa que non se presentou ningún concursante.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

No certame municipal do Xoves de Compadres houbo dezaseis premios