Chegou ás miñas mans o informe emitido por a Unesco e cuxa consecuencia foi a retirada momentánea da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da humanidade. Un informe bastante desesperanzador aínda que oficialmente se afirmara o contrario. Ao meu modo de ver, o proxecto da candidatura parte de un erro de base; focalizar o argumento principal na «preservación do carácter sagrado do territorio e a historia da súa evanxelización». Ao mesmo tempo describe un pasado (mitificado ás veces, inventado outras e sempre interesado) que xa non existe pero que o parecer sigue transmitindo valores espirituais [conveys spiritual values] que o Icomos non ve por ningunha parte.
O organismo encargado de valorar a candidatura obxecta que pola desamortización acaecida no XIX, a vida monacal desapareceu practicamente da Ribeira Sacra, co cal os antigos cultivos da Idade Media, que permitían una amplitude e continuidade visual co río e con outros mosteiros, quedaron a monte ou con repoboacións forestais que romperon o antigo espazo sagrado estando actualmente a metade do territorio cuberto de bosque. As igrexas, mosteiros, pazos e grandes casas do barroco quedan baleiras, van desaparecendo ou axeitándose a novos usos turísticos (paradores e hoteis) e culturais, cunhas restauracións [commonly] lonxe dos estándares esixidos (e moitas das pequenas quedaron sen restaurar). Di o Icomos que só queda un mosteiro (Ferreira de Pantón) co seu antigo uso, e esa desacralización da Ribeira Sacra, cuxa sacralización era un dos principais argumentos da candidatura, converteuse nun dos principais atrancos para lograr o obxectivo da declaración como ben mundial. É un obstáculo de difícil solución no contexto histórico actual, e por iso dixen que ese fora un erro estratéxico.
Outro erro foi querer vender os encoros como algo positivo, xa que «permiten a navegación dos catamaráns, un dos atractivos turísticos máis grandes». Porén, no Icomos vén estes catamaráns como elementos negativos que alteraron o ecosistema e a paisaxe deixando inundadas terrazas e construcións tradicionais e peculiares da cultura ribeirá.
Os principais inconvenientes
Estes dous puntos creo son os principais inconvenientes (non os únicos) que ve o Icomos: «A tensión inherente a preservar o carácter sagrado [sacred character] do territorio e a súa adecuación ás contemporáneas necesidades das comunidades e modernas estruturas». E dicir, non se pode seguir vendendo os embalses como un lóxico desenrolo nunha paisaxe [landscape] tradicional. Penso que ese compoñente sacro debería ter sido un argumento importante (polo románico), pero non ata o extremo de construír os cimentos do relato sobre el. Iso é o que mas lle chirría, xunto cos embalses, ao Icomos, e como dixen, e oxalá me equivoque, ten difícil solución.
É necesario modificar o relato e hai que asumir que o despoboamento e o envellecemento, xunto co abandono das técnicas e cultivos tradicionais, son un feito. As políticas de investimento non poden estar baseadas na rendibilidade enfocada só no turismo e no viño, senón en fixar a poboación con medidas dirixidas a fomentar a natalidade e o emprego. Faise preciso un diálogo no que estean presentes os intereses de conservación do patrimonio, a industria turística e as prioridades dos veciños, para lograr un desenvolvemento sostible e posible.
Uns veciños que actúen non só como figurante pasivos, senón como cidadáns activos e decisivos no devir dos acontecementos. Só coa conciencia cidadá sobre o valor do patrimonio, non só como xerador de riqueza senón tamén como goce persoal e como referencia identitaria, satisfaremos a necesidade de rescatar o pasado do esquecemento e preservalo ante unha industria cultural abafante que funciona como unha fábrica de símbolos que homoxeneizan usos e costumes nunha sociedade globalizada só interesada nos valores tecnolóxicos e utilitarios. De aí o interese pola supervivencia do patrimonio (tanxible e inmaterial), que en realidade é unha construción social que nos axuda a atopar unha memoria individual e colectiva sobre a que construír e asegurar a nosa propia identidade, que sempre corre o perigo de ser diluída