«A Esmorga», unha película galega con sabor a Lugo

MaRÍA CARAVEL

A POBRA DO BROLLÓN

OSCAR CELA

19 nov 2014 . Actualizado a las 12:30 h.

1O Museo Provincial acolleu onte a presentación do filme A Esmorga, adaptación ao cine dirixida polo ourensán Ignacio Vilar da novela escrita polo tamén ourensán Eduardo Blanco Amor no 1959, e que chegará pasado mañá a salas de toda Galicia, despois de ser estreada o pasado venres no Festival de Cine de Ourense. Xunto co director desprazáronse a Lugo os actores Miguel de Lira, Antonio Durán Morris e Karra Elejalde, ademais da actriz lucense Melania Cruz. O responsable de Cultura da Deputación, Mario Outeiro destacou que moitos escenarios da película foron rodados na provincia, en localizacións como o Pazo do Tor, Ferreiroá (Pobra do Brollón) ou Escairón. «O cine pode axudar a dar a coñecer estas paisaxes e o seu patrimonio, que é fabuloso», subliñou Vilar. «Creo que ao de para comer Lugo xa lle pode engadir tamén: para rodar Lugo», resaltou De Lira.