O ciclo de concertos da Pobra do Brollón seguirá o domingo co trío Garabelo

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

Actuación do grupo musical chantadino Searas dentro do ciclo Con-certa Normalidade
Actuación do grupo musical chantadino Searas dentro do ciclo Con-certa Normalidade CEDIDA

A actuación ofrecerase a partir da unha da tarde no bar Pirata, na capital municipal

02 jul 2020 . Actualizado a las 18:59 h.

O trío Garabelo actuará o domingo no bar Pirata da Pobra do Brollón dentro do ciclo musical Con-certa Normalidade, organizado polo Concello desde que terminou o estado de alarma sanitaria coa intención de apoiar ao sector de hostalería e aos artistas locais. A actuación comezará ás 13.00 horas e a entrada será gratuíta, pero é preciso realizar unha reserva previa chamando ao teléfono 982 430 455.

O grupo Garabelo está formado polos músicos Brais Olmo —clarinete—, Borja López —guitarrra— e Pablo Camarero, intérprete de violín. O seu repertorio, segundo indican desde o Concello, «está formado por composicións baseadas en melodías tradicionais arranxadas sen complexos, coa única premisa de se divertir e de facer música buscando constantemente fórmulas expresivas agradables e mesmo sorprendentes». A formación debutou en público no festival de teatro popular da parroquia de Salcedo do 2014.

O concerto de trío Garabelo foi precedido o domingo pasado por unha actuación do grupo chantadino Searas. A nova cita será a penúltima do ciclo Con-certa Normalidade, que rematará o día 18 co grupo Xerezade.