A Pobra do Brollón prepara unha edición de Nadal do mercado circular

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

Postos de venda nunha edición anterior do Mercado Circular da Pobra do Brollón
Postos de venda nunha edición anterior do Mercado Circular da Pobra do Brollón CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN

Os interesados en participar poden solicitar postos de venda ata o 12 de decembro

28 nov 2025 . Actualizado a las 16:37 h.

O Concello da Pobra do Brollón abriu o prazo de solicitude para participar con postos de venda na edición de Nadal do seu mercado circular de produtos de proximidade. Os interesados poden innformarse nun acto que se celebrará este domingo, a partir das 16.00 horas, na Casa de Cultura. Para solicitar un posto ou para obter máis información tamén se pode chamar ao número 629 865 663 -preferentemente por wasap- antes do 12 de decembro.

O mercado circular é unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para facilitar o comercio de produtos locais, artesanais e de segunda man. O obxectivo é fomentar a economía local e unhas prácticas comerciais máis compatibles coa conservación do medio ambiente. A primeira edición deste mercado celebrouse no 2022.