A actuación ofrecerase o día 20 no centro sociocultural da capital do municipio
12 dic 2019 . Actualizado a las 12:50 h.Un concerto no que participarán a Coral Municipal de Bóveda e a Coral Polifónica de Chantada abrirá o día 20 a programación de actividades de Nadal no primeiro destes municipios. A actuación ofrecerase ás 20.30 horas no centro sociocultural. Por outro lado, os días 23 e 30 e o 2 e o 3 de xaneiro haberá actividades de ocio para nenos de 3 a 12 anos de idade, de 10.00 a 14.00 horas. O día 28, a compañía Lucecús Teatro representará o espectáculo infantil Os libros contraatacan. O día 4 —ás 18.00 horas—, o grupo Micromina Títeres representará Cinco historias para unha man. O día 5, os Reis Magos visitarán o centro sociocultural a partir das cinco e media da tarde.