O Oso de Salcedo e o Entroido Ribeirao estarán na quinta Mascarada Ibérica

O festexo celebrarase entre os días 26 e 27 en Viana do Bolo e Vilariño de Conso


 Os dous carnavais tradicionais do sur lucense, o Oso de Salcedo -da Pobra do Brollón, na imaxe sobre estas liñas- e o Entroido Ribeirao de Chantada, estarán presentes na quinta edición da Mascarada Ibérica, que se celebrará entre os días 26 e 27 nos municipios ourensáns de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Os personaxes típicos dos entroidos de Salcedo e Chantada actuarán o 26 en Viana -a partir das 16.30 horas- xunto con representantes de diversos carnavais tradicionais das provincias da Coruña e Pontevedra, así como de León, Zamora, Asturias, Cantabria, Guadalajara e Cáceres. O día 27, o festexo seguirá en Vilariño de Conso -a partir das 11.30 horas- con representacións de diversos carnavais da provincia de Ourense e de Portugal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O Oso de Salcedo e o Entroido Ribeirao estarán na quinta Mascarada Ibérica