Unha alternativa para esta ponte en Monforte: aprender máis sobre viño

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

O Centro do Viño organiza una degustación das marcas que resultaron premiadas na última edición da Cata Patrimonio

04 dic 2018 . Actualizado a las 12:34 h.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra organiza para esta ponte festiva en Monforte unha degustación coas marcas que resultaron premiadas na última edición da Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra. Terá a forma dun túnel do viño e levarase a cabo os días 7 e 8 de decembro.

Pola mañá entre as once e as dúas e pola tarde entre as catro e media e as oito, o centro facilitará aos interesados a posibilidade de coñecer algúns dos viños premiados nesta edición. Especialistas en viño explicarán as variedades de uva empregadas en cada un deles, as diferenzas entre uns e outros ou ás zonas das que saen, entre outras cousas,

O custe será cinco euros por persoa e poderanse probar dez viños premiados con medalla de ouro nas diferentes categorías da quinta edición da recentemente celebrada Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra. As marcas que estarán dispoñibles son as seguintes, divididas polas categorías da cata: 

  • Tintos xóvenes da colleita 2017 GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA: Guimaro, Gaela Os Queixeiros, Viña Peón.
  • Tintos barrica e  outras añadas GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA: Promine 2016, Don Diego 2017, Corga 2014.
  •  Brancos xóvenes da colleita 2017 GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA: Almalarga,Viña Vella.
  •  Brancos barrica e outras añadas GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA: Finca Millara 2016.
  •  Rosado GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA: Peza do Rei.