Premio de poesía para unha xogadora do Monte Forte

Sandra Rodríguez foi galardoada no certame de Nadal da biblioteca pública de Lugo


Sandra Rodríguez Macía, alumna de primeiro de bacharelato do instituto monfortino Río Cabe, recibiu o primeiro premio na fase local do concurso de poesía «Nadal 2018» convocado pola Biblioteca Pública de Lugo. O galardón foille outorgado polo poema A dor no Nadal, que ?segundo explican desde o centro educativo onde estuda? «transmite a tristeza que a voz lírica padece pola perda dun ser querido nesas datas tan sinaladas». A estudante competía no categoría C, para alumnos de 12 a 16 anos de idade, e recollerá o premio o próximo xoves. Sandra Rodríguez presentouse ao certame animada pola súa profesora de galego, Tania Vázquez. A premiada tamén destaca no ámbito deportivo, xa que xogou como gardameta no Monte Forte.

Por outro lado, o Concello de Monforte deu a coñecer os nomes dos gañadores do concurso de poesía «Nadal 2018» convocado pola biblioteca municipal. Na categoría A foron premiados Mathias Ringesmold Raiser, Adrián Valdés Quiroga e Sara Domínguez, e houbo un accésit para Hugo Coutado López. O segundo destes alumnos estuda no Colexio Ferroviario e os demais en A Gándara.

Na categoría B foron galardoados Valeria Ruiz Santelli ?do Colexio Novo?, Daniela Rodríguez López ?do Colexio Ferroviario? e Alejandro Ríos López, de A Gándara. Na categoría C, os premios foron para Nerea Quiroga Rodríguez, Betixa Camere Docasar ?ambas do colexio Torre de Lemos? e Lucía de la Iglesia, de A Gándara.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Premio de poesía para unha xogadora do Monte Forte