Sarabela representará «Celebración» en Monforte

MONFORTE DE LEMOS

cedida

A función ofrecerase o día 14 no edificio multiusos

06 feb 2019 . Actualizado a las 11:26 h.

O ciclo teatral que se desenvolve no edificio multiusos de Monforte continuará o día 14 coa posta en escena de Celebración. A gran noite, do grupo ourensán Sarabela. Os membros da compañía definen esta obra como «unha comedia delirante ao redor do asalto ao poder» e «unha metáfora da exclusión social».

O 14 de marzo, o ciclo contianuará con grupo Aporía Escénica, que representará a peza 30 e tantos ósos. Para o 11 de abril está prevista a representación de O caso é ter saúde a cargo da compañía Malasombra.

Por outro lado, o ciclo teatral comprende dúas obras dirixidas ao público infantil. A primeira delas é Patapatúm, da compañía Elefante Elegante, que se ofrecerá o 24 de febreiro. A segunda é A galiña azul, do grupo Tanxarina, que poderá verse o 10 de marzo.

As representacións para adultos comezarán ás 20.15 horas e as infantís, ás 18.00 horas. O prezo da entrada xeral é de cinco euros e para os estudantes, desempregados e xubilados redúcese a tres euros.

Sobre estas liñas, un momento da representación de Celebración, de Sarabela.