«Patapatúm», teatro para nenos no multiusos de Monforte

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

CEDIDA

A compañía Elefante Elegante ofrecerá unha actuación o domingo pola tarde

21 feb 2019 . Actualizado a las 15:51 h.

O auditorio do edificio multiusos de Monforte acollerá o domingo unha representación da obra Patapatúm, da compañía Elefante Elegante, un espectáculo dirixido a un público familiar pero sobre todo a nenos de 3 a 8 anos de idade. A función comezará ás 18.00 horas e o prezo xeral das entradas será de cinco euros, mentres que para os estudantes, desempregados e xubilados será de tres euros.

A obra Patapatúm está dirixida por María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez, e a interpretación corre a cargo de Agustín Bolaños, María Torres e Gonçalo Guerreiro. O espectáculo, segundo explican os responsables, «propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos». A representación forma parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Na imaxe sobre estas liñas, un momento da representación da obra.