Lidia Senra vai en tren de Monforte a Sarria e propón limitar o uso dos vehículos privados

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

CARLOS CORTÉS

A eurodiptada de En Marea defende un ferrocarril 100% público e reclama servizos de cercanías

20 may 2019 . Actualizado a las 20:42 h.

A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea, viaxou onte en tren entre as estacións de Monforte e Sarria para reivindicar un plan que reduza o uso dos vehículos privados. Senra estivo acompañada no seu percorrido por outros integrantes da súa candidatura e polo candidato de En Marea á alcaldía de Sarria, Iván López.

En declaracións efectuadas antes de coller o tren en Monforte, Lídia Senra explicou que o seu programa electoral «propón a elaboración dun plan para reducir drasticamente o uso dos coches privados, como forma de contribuír a combater o cambio climático e para defender a calidade do aire». Entre as medidas para limitar o uso dos vehículos privados esta eurodiputada galega propón potenciar o transporte público. E nese plan, engadiu, «o tren é un elemento fundamental».

O terceiro candidato

Nesta liña, defendeu un carácter 100% público para o ferrocarril e recordou que durante estes últimos cinco anos de traballo no Parlamento Europeo ela votou contra o chamado paquete ferroviario europeo, que ao seu xuízo dá pasos cara a privatización de servizos. «Necesitamos ?explicou a candidata de En Marea? que se potencien os trens de cercanías, con frecuencias e paradas útiles para a maioría da poboación e para conectar as pequenas e medianas vilas, non só as grandes cidades».

Lídia Senra é a terceira candidata ás eleccións europeas que visita Monforte durante esta campaña. Antes dela fixérono Ana Miranda, do BNG, e Andrés Perelló, do PSOE.