O conservatorio municipal de Monforte abre a matrícula dos cursos de verán

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

Alumnos dun dos cursos de verán impartidos no conservatorio municipal, nunha imaxe de arquivo
Alumnos dun dos cursos de verán impartidos no conservatorio municipal, nunha imaxe de arquivo CEDIDA

As clases ofreceranse durante xullo e agosto coas medidas de prevención marcadas polas autoridades sanitarias

27 jun 2020 . Actualizado a las 16:36 h.

O conservatorio municipal monfortino Mestre Ibáñez abrirá o primeiro de xullo o prazo de matrícula dos seus cursos de verán de música e danza, que este ano se ampliarán por primeira vez ao mes de agosto. O alcalde, José Tomé, sinalou que o goberno local decidiu ofrecer os cursos durante xullo e agosto «dada a especial situación que se está a vivir por mor da covid-19» e tendo en conta as «necesidades de conciliación familiar dos monfortinos e monfortinas, así como para que os nenos e nenas poida gozar dunhas vacacións activas».

O programa comprende clases de trece especialidades de música e catro de danza, que se desenvolverán en diferentes datas entre o 13 de xullo e o 28 de agosto. O prezo da matrícula será de 25 euros en todos os casos —cun máximo de dúas materias por alumno— e a inscripción poderá facerse ata cinco días antes do inicio de cada un dos cursos.

Horarios das clases

As clases impartiranse en horario de mañá, repartidas por grupos e niveis, entre las 10.00 e as 13.00 horas, excepto as de música e movemento —para nenos de 5 a 8 anos—, que serán nun só grupo de 10.00 a 13.00 horas. As materias de instrumentos musicais son para alumnos de 7 anos en diante.

No cursos de verán do conservatorio municipal aplicarase un protocolo de seguridade axustado ás normas do Ministerio de Sanidade. Os alumnos deberán utilizar máscaras protectoras durante as clases, menos os que se inscriban nos cursos de instrumentos de vento, que as deixarán de usar no momento en que teñan que emitir os sons. A continuación detállanse os diferentes cursos de que consta o programa:

Música

Violín: a partir de 7 anos, celebrarase do 13 ao 17 de xullo e contará con 9 prazas.

Piano 1º grupo: a partir de 7 anos, celebrarase do 13 ao 17 de xullo e contará con 9 prazas.

Guitarra: a partir de 7 anos, celebrarase do 27 ao 31 de xullo e contará con 9 prazas.

Saxofón: a partir de 7 anos, celebrarase do 27 ao 31 de xullo e contará con 9 prazas.

Música e movemento: de 5 a 8 anos, celebrarase do 17 ao 21 de agosto e disporá de 12 prazas.

Vento metal: a partir de 7 anos, celebrarase do 17 ao 21 de agosto e disporá de 6 prazas.

Clarinete-Frauta: a partir de 7 anos, celebrarase do 17 ao 21 de agosto e disporá de 9 prazas.

Gaita: a partir de 7 anos, celebrarase do 17 ao 21 de agosto e disporá de 9 prazas.

Guitarra eléctrica: a partir de 7 anos, inclúe guitarra acústica e celebrarase do 17 ao 21 de agosto dispoñendo de 9 prazas.

Clarinete-Frauta: a partir de 7 anos, celebrarase do 24 ao 28 de agosto e disporá de 9 prazas.

Percusión tradicional: a partir de 7 anos, celebrarase do 24 ao 28 de agosto e disporá de 15 prazas.

Percusión moderna: a partir de 7 anos, celebrarase do 24 ao 28 de agosto e disporá de 15 prazas.

Piano 2º e 3º grupo: a partir de 7 anos, celebrarase do 24 ao 28 de agosto e disporá de 18 prazas.

 

Danza

Danza tradicional galega: a partir de 6 anos, terá lugar do 3 ao 07 de agosto, con 18 prazas.

Danza moderna 1: de 6 a 9 anos, terá lugar do 17 ao 21 de agosto, con 12 prazas.

Danza moderna 2: a partir de 10 anos, terá lugar do 17 ao 21 de agosto, con 12 prazas.

Ballet clásico: a partir de 6 anos, terá lugar do 17 ao 21 de agosto, con 12 prazas.