Teatro Ruada representará en Pantón «O cantar do estudante»

La Voz

PANTÓN

Unha imaxe promocional de «O cantar do estudante», a peza que o grupo Ruada representará en Pantón
Unha imaxe promocional de «O cantar do estudante», a peza que o grupo Ruada representará en Pantón CEDIDA

A función ofrecerase o domingo no salón de actos da Casa de Cultura

10 dic 2019 . Actualizado a las 18:37 h.

O grupo teatral Ruada representará este domingo a obra O cantar do estudante en Pantón, nunha función organizada polo Concello. A representación ofrecerease a partir das 18.00 no salón de actos da Casa de Cultura. A entrada será libre ata encher o aforo. A compañía Ruada organiza desde hai unha década as xornadas de teatro do municipio ourensán da Rúa.