Un ciclo de teatro de outono e Nadal en Ribas de Sil

La Voz

RIBAS DE SIL

Unha actuación do grupo teatral local Augas do Sil
Unha actuación do grupo teatral local Augas do Sil CEDIDA

O programa, que comezará este domingo, comprende oito representacións

04 nov 2025 . Actualizado a las 12:02 h.

Oito representacións forman parte do ciclo Tardes de Teatro de Outono e Nadal, que organiza o Concello de Ribas de Sil e que comezará o próximo domingo. Todas as funcións ofreceranse 18.00 horas no salón de actos da casa consistorial. O ciclo, no que participan compañías de teatro profesional e afeccionado, organízase coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das asociacións locais Remansiño do Sil e Remeite, ademais do xeoparque Montañas do Courel. A entrada será libre. Uha das funcións correrá a cargo do grupo Augas do Sil, formado por veciños deste mesmo municipio.

A continuación detállanse as obras que forman parte deste programa:

9 de novembro. Na primeira función poderá ofrecerase a obra Activ@s, do grupo Lume Escénico.

15 de novembro. A compañía Nova Escena representará a peza Expectativa lonxana.

22 de novembro. Para esta data está programada a obra A carreira de Manuel, da compañía Cañola Teatro.

29 de novembro. O Grupo de Teatro do Hospital de Lugo representará Asasinato na tenda de roupa.

8 de decembro. As pezas Morreu a tía María e Non casei con todos serán postas en escena polo grupo Augas do Sil.

13 de decembro. A compañía Os Trocos representará Un camiño meteórico.

20 de decembro. A seguinte función correrá a cargo do grupo Abrente, que escenificará A herencia de Xoana.

27 de decembro. O ciclo pecharase coa obra Transparentes, da compañía Compás Enésima.