Helena Resurreiçao abre o ciclo de Música no Outono en Sober

La Voz

SOBER

CEDIDA

09 oct 2018 . Actualizado a las 22:17 h.

Un concerto da mezzosoprano portuguesa Helena Ressurreiçao, acompañada do pianista catalán Marc Serra, abre esta fin de semana o ciclo de Música no Outono que organizan as Xuventudes Musicais de Sober. Estes dous intérpretes farán o sábado neste recital no centro sociocultural de Sober un percorrido musical polo lied, o xénero musical baseado en poemas musicados de curta duración, escritos para voz solista e acompañamento, que naceu no século XVIII e se popularizou no Romanticismo. Ressurreiçao e Sera ofreceran un espectáculo titulado «Lied a tres dimensións» que inclúe interpretacións de obras de Gustav Mahler, Antonín Dvorák e Xavier Montsalvatge. O Concello de Sober dará a coñecer proximamente o resto das convocatorias deste ciclo.