Montse Fajardo presentará en Sober «Invisibles», un alegato contra a violencia machista

La Voz

SOBER

CAPOTILLO

O acto será organizado pola asociación O Colado do Vento e celebrarase o venres

12 feb 2019 . Actualizado a las 16:55 h.

A escritora Montse Fajardo -na imaxe sobre estas liñas- presentará o sábado en Sober o seu libro Invisibles, nun acto organizado pola asociación Cultural O Colado do Vento que comenzará ás 19.00 horas. A obra recolle sete casos reais de mulleres que sufriron diferentes tipos de violencia machista e maltrato. O libro serviu de base para unha peza teatral coproducida entre o Centro Dramático Galego e a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra.

A asociación que organiza a presentación pretende que o acto sexa tamén «un convite ao debate e á denuncia contra a violencia machista, para continuar a rachar co tabú social e coa invisibilidade do sufrimento das vítimas».